Acadada a primeira fase do proxecto “Sentir a Carrilana”
Despois dunha intensa campaña de 40 días, o proxecto “Sentir a Carrilana” dá por acabada con éxito a primeira fase onde se acadou recaudar máis do 104% dos fondos que se precisan para a fabricación de 4 carrilanas.
Acadar con éxito esta fase permítenos poñernos de inmediato coa construcción das 4 carrilanas adaptadas, comenzando coa fabricación dos chasis, rodas, eixos así como tamén facer acopio de todo material preciso para a súa montaxe posterior.
Desde a asociación seguimos sen encontrar as palabras de agradecemento por todo o apoio e interés recibido polas empresas, institucións e particulares que se sumaron ao proxecto aportando o seu gran de area. Só podemos decir unha vez máis “GRAZAS”
Comeza a segunda fase de “Sentir a Carrilana”
Desde hoxe ábrese unha segunda fase da campaña baixo o lema: “A por el Óptimo” que permanecerá activa outros 40 días máis.
Esta segunda fase prentende acadar os fondos precisos para darlle unha maior visibilidade a campaña nos medios de comunicación. Tamén premitirá contar con personalidades vencelladas ao mundo do deporte e da cultura para acompañar aos pequenos pilotos durante o descenso.
Se aínda non fixo a súa aportación, ou quere seguir colaborando co proxecto pode facelo a través da plataforma www.goteo.org