Reportaxe das Carrilanas en colaboración coa UDC
Mariña Herrero realiza, en colaboración coa A.D.C. Esteirana de Carrilanas, unha reportaxe para a U.D.C
Un traballo no que amosa o que significan as carrilanas para o pobo de Esteiro. A través de entrevistas con membros da asociación e varios participantes adéntrase nunha festa que ano a ano gaña en número de visitantes e que xa é unha data ineludible a terceira fin de semana do mes de xullo.
O Festival das Carrilanas, que na última edición logrou atraer a máís de 10.000 persoas, ten tamén un espacio destacado nesta reportaxe sobre a principal festa de Esteiro.