Ao fronte desta organización atopámonos un grupo de xóvenes amigos e amigas cheos de ilusión e sabedores de que do noso traballo dependerá o éxito do GRAN PRIX DE CARRILANAS. Tratando de aprender de erros cometidos, afrontamos un ano máis, o reto de mellorar a nosa festa. Pouco a pouco tentamos involucrar á máis xente: veciños, patrocinadores, institucións… pois somos conscientes de que sen apoios tanto de colaboración como económicos, sería imposible levar esta festa a cabo.
Por este motivo desexamos plantexarlles a idea de que formen parte das Carrilanas de Esteiro, un evento único no mundo, que nos distingue, donde conviven maiores e nenos, homes e mulleres; unindo como ninguén fixo nunca, tradición e velocidade nunha festa. Unha festa que desexamos tomen como súa e nos axuden a facer das Carrilanas de Esteiro unha mostra da identidade galega máis enxebre e tradicional.
As carrilanas son un escaparate perfecto para todas aquelas empresas que queiran darse a coñecer ou potenciar a súa imaxe comercial.
Somos un evento familar que reúne a miles de personas en diferentes espazos, polo que a súa publicidade ou marca comercial sempre estará ben posicionada e dirixida ao tipo de público que desexe.