¡MOI IMPORTANTE!
Construcción
Coa seguinte normativa pretendemos matizar os aspectos construtivos das carrilanas que desexen participar no Gran Premio de Carrilanas de Esteiro.
Dende a organización aconsellamos a todos aqueles que desexen construír unha carrilana que ante calquera dúbida se poñan en contacto con nós a través da dirección de correo electrónico info@carrilanasesteiro.com, co fin de manter o espírito da competición.
A organización resérvase o dereito a descalificar a calquera carrilana que non cumpra cos requisitos recollidos nesta normativa así como a tomar as medidas necesarias no caso de que se poña en perigo a seguridade dos demais participantes ou do público.
Os tres primeiros pilotos clasificados da carreira das rápidas, estarán obrigados a desmontar eles mesmos, unha roda traseira e unha roda dianteira no lugar habilitado para tal fin pola organización inmediatamente despois de rematar a proba, no caso de que así lles sexa requirido por parte da organización. No caso de non facerse, procederase a exclusión da proba.
- 1Rodas
- 2Tablón
- 3Travesaño Eixe
- 4Soporte Eixe
- 5
Engraxe
1. Rodas
Serán de madeira, sen rodamentos, recubertas de goma sen aire.
Diámetro máximo de 450 mm (incluído o recubrimento de goma da roda).
2. Tablón
Será de madeira, non se permitirá chasis metálico recuberto de madeira.
As medidas máximas están indicadas na imaxe.
3. Travesaño Eixe
Será de madeira, non se permitirán perfiles metálicos na peza de maior lonxitude.
4. Soporte Eixe
Recoméndase fabricación en madeira aínda que tamén se permitirán outras solución que garantan o xiro roda-eixe entre dúas superficies de madeira. Permitirase a utilización de casquillos de madeira sempre que estean perfectamente fixados e non exista deslizamento sobre unha superficie metálica
5. Engraxe
Para a lubricación das superficies eixe-roda, estará totalmente prohibido o uso de aceites ou outras sustancias líquidas. Permitirase o uso de graxa consistente ou similar, recomendando o uso de bombas manuais.