Hainas que son obras de arte, outras son feitas no último momento, están as que son rápidas como lóstregos ou as que non baixan nin tiradas por cabalos, algunhas teñen capacidade limitada e outras nas que colle un pobo enteiro, pero todas son especiais e únicas.
A hora de fabricar unha carrilana, o único límite o marca a túa imaxinación, e é por eso que nos XXXI anos do Gran Prix pasaron por Esteiro carrilanas do máis variopinto, dende coches de bandidos a zocas asturianas con aspas ao Inspector Gadget, as carrilanas nunca deixarán de sorprendernos.
Cada vez recibimos máis solicitudes de participantes que non teñen unha carrilana en propiedade, pero o noso “Stock” é limitado, colgamos o cartel de “Sold Out” ao pouco de comenzar a tramitar as reservas.
Facemos un chamamento a tódalas persoas que teñan na casa unha carrilana e que non vaian a participar neste 2019.
Podes axudarnos coa túa carrilana a que outra xente goze da festa da seguinte maneira:
- Podes cedela
- Podemos reparala
- Podes deixarlla a un veciño dejársela a tu vecino.
- Podes donala á asociación
Non permitas que estas xoias queden na casa, a única que llo permitimos é a “Chasca”.