Alí estaban, na antiga discoteca de Esteiro, despois de unha xornada de traballo, taberneiros e clientes, amigos ao fin, protagonistas dunha conversa informal quen sabe si favorecida pola espontaeidade e a soltura que provocan unhas copas entre amigos.
“Benito do Ruso“, “Javier do Areas“, “Fornís“, “Xaquín o Carocho“, “Fojete” e seguro que algún que se nos esquece (pois os que escribimos, daquela algúns aínda non naceramos), tiñan claro que algo había que facer.
A festividade da nosa patroa Santa Mariña, celebraríase nese 1988 o luns 18 de Xullo e a idea estaba clara: Había que argallar algo para a fin de semana. Había que atraer a xente a Esteiro. Sen cartos e con inxenio. O reto era competir co poderío das pesetas que tiña a Festa do Carme dos veciños. Que se podía facer? Parece ser que foron varias as propostas dos nosos personaxes: Estornela, un descenso en bañeiras polo río, carreira de trécolas, ata que sentenciaron…. ¡¡FAREMOS UNHA CARREIRA DE CARRILANAS!! Carrilanas? Quen é o que nunca xogou cun carriño de madeira?
Deciciron que un simple xoguete de nenos, e non tan nenos, un xogo popular transmitido de pais a fillos, sería o protagonista do primeiro GRAN PRIX DE CARRILANAS DE ESTEIRO.
Con esa idea, os nosos amigos abandonaron a discoteca co acordo de que ao día seguinte, pola tarde, se reuniran no Local Social da Esteirana para concretar detalles…. Deberon quedar a unha mala hora, porque a afluencia foi moi baixa ou case nula. Un chisquiño máis tarde algúns deles volveron atopar no Alameda, que daquela rexentaba Benito do Ruso.
A ver que? moito falamos onte pero…. Facemos ou non o conto das carrilanas?
Non sabemos cal foi a resposta exacta pero Fidel (camareiro no Alameda), estilográfica en man e sobre o billar do bar dou vida ao que sería o que foi o primeiro cartel do primeiro Gran Prix de Carrilanas de Esteiro.
Cada bar tería a súa carrilana, ao igual que cada carpintería, aparecendo así as primeiras escuderías que competirían polo Maio abaixo divertíndose cos seus xoguetes da infancia, cos seus carriños, coas súas carrilanas.
Quizais era unha loucura pensar que unha carrilana, feita a machada, ás veces, podería competir con grandes fogos de artificio e as mellores orquestras de Galiza.
Eles non pensaban niso, so quería divertirse e pasar un fin de semana de festa no seu pobo. A tradición popular, unido coa diversión, a festa e moito público, faría do primeiro Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, un evento ÚNICO e INIMITÁBEL.
A repercusión desta festa foi tal, que a día de hoxe podemos presentarlles o GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO. Durante estes anos visitaron en Esteiro miles de persoas para ver algo que só se fai no noso pobo. Carrilanas autenticamente tradicionais e de madeira que nos identifican alá por onde vamos.
A día de hoxe, algúns aínda pensan que estamos un pouco tolos, pero nós, queremos agradecerlles aos nosos protagonistas e aos nosos amigos carrilaneiros que nos acompañaron nestes anos de xeito initerrumpido, a todos vós, MOITAS GRAZAS POR MANTER VIVA A NOSA FESTA…!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA LOUCURA!!!
Carpinteiros de Esteiro
Cando se fala de carrilanas hai que falar de madeira e máis de Esteiro. Eses dous nomes xuntos lévanos aos carpinteiros esteiráns, verdadeiros inspiradores deste acontecemento lúdico e espectacular. Dahí hai que citar, someramente, a Kinito, Cadornas do Capellán, Duarte, Farrajús, Loloi, Benigno de Casiano, e a sagas dos Priegues co mestre Leonardo á cabeza, aos Jotas e aos Monteiras, sen esquecer lóxicamente ao decano Ramón de Pitillo, xa moi preto da centuria pero aínda con folgos para chegar ao século XXI.
Seguramente poderiamos citando nomes si o investigador profundizara máis na cuestión, pero antes e ben nacido ser agradecido aos devanceiros ás súas ensinanzas e por iso vai o noso homenaxe aos teloneiros como Bouzas, Pepe Souto -“Eso é mentira”- quen ademais fixo un escusado medindo o traseiro dunha dama, e Lelo de Farruca que, como a maioría deles, era da terra, mar e aire. Tamén aos de blanco como o Roxo e Masarocas, cos pés rompidos na praia; e aos Barreiros como Chuco de Xandaca e Luís dos Carros, que veu de Recaredo, aló na Montaña.
A tradición de carpintería de ribeira tamén merece unha lembranza a parte xa que moitos dos anteriores tamén traballaron nela. Lembramos a Benito de Baxica; o Alcalde, constructor do “Jaime Brea”, con penedo -“oes, Jalisco, dille a túa nai que José Mayo Rama non quere traballar máis con vostede”- Os Carabeiros, que fixeron “O Caniso”, Secundino Conocas que tivo que tirar a porta do cuberto para sacar un bote, Lelo de Maruxo, reparador dun barco Alemán, e o gran Mariñan, constructor de galeóns e lanchas do xeito con seu irmán Tarrata.
Outros andiveron por arxentina, entre eles os irmáns Romero, e algúns fixeron actividades tan dispares como Eduardo de Peregrino, que construía Gaitas; Pepe da Fosqueira, xogaba ao fúbol, o Mascato era limador e Serafín de Molete “o curmán”, un magnifico poeta.
Mención aparte, merece Francisco Brea “Choule” pola súa figura extravagante – barba ao Valle-Inclán e inseparable escopeta, pola súa imaxinación desbordante e, como non, polo seu traballo ca madeira que fixeron del un dos homes máis célebres da redonda. As anécdotas sobre a súa persoa son tantas que merecía un libro para el só, sen dúbida, algún día alguén se decidirá a facelo. Posiblemente queden no tinteiro nomes que merecían ser citados, como os anteriores, pero de ser así o escribidor pide desculpas, e acháquese a que aínda despois de dezasete anos está aprendendo a ser Esteirán.
Xosé Agrelo
Boletín “O Artón”, 1981
Palmarés
2024
Anxo Gómez – Antonio Rama
Escudería A Xeilana
2023
2022
Francisco Piñeiro – Manuel Priegue
Escudería Infonet
Vidal Fernández – Denis Rodríguez
Escudería O Cristo 3