En el último pleno del mes de Enero la formación BNG presentó una moción de colaboración entre la A.D.C. Esteirana de Carrilanas y el Ayuntamiento de Muros cuya finalidad era garantizar la viabilidad y calidad del evento.
Fue la A.D.C Carrilanas Esteiro a través de su secretario Alvaro Creo quien pasó a leer un comunicado donde se recogían muchas de las exigencias y demandas de la organización.
Tras la votación, la moción quedó aprobada por parte de todas las formaciones políticas, quedando así reflejado un compromiso de apoyo tanto institucional como económico por parte del Ayuntamiento que permitirá a la organización trabajar en un proyecto estable y de calidad a partir de ahora.
Pleno del ayuntamiento de Muros
Comunicado da A.D.C. Esteirana de Carrilanas
Tras reunirnos con todos grupos municipais e presentarlles o noso proxecto para 2019, recibimos con gran satisfacción, a noticia de que o BNG, traería a este histórico pleno, unha moción para garantir a colaboración do Concello de Muros coas carrilanas, permitindo deste xeito, a súa viabilidade no tempo.
Entendiamos que era unha boa nova, pois de xeito público, quedaría exposto o noso proxecto e a postura de cada grupo municipal ante o evento máis importante do concello, mais tristemente, esta percepción muda e obríganos a modificar a comparecencia que tiñamos prevista.
A potencia da carrilana, como elemento cultural diferenciador, sitúa a Esteiro no mapa do territorio autonómico, acadando no ano 2000 a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia, sendo a única festa que logra este recoñecemento da comarca, e por suposto do Concello de
Muros, ofrecendo unha programación de primeiro nivel totalmente de balde.
Dende o ano 2008, no que asumimos o reto de organizar o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro, unha pregunta sempre se repite en entrevistas, conversas, negociacións, reunións… ¿canto tempo lle adicades ás carrilanas? A resposta é sencilla e contundente, nunca paramos.
Nunca parou tampouco, o compromiso de María Xosé Alfonso Torres, como alcaldesa do Concello de Muros. Esta afirmación é totalmente obxectiva, pois tan só se basea nos datos e carece de calquer tipo de connotación persoal, pois aquí estamos para traballar e non para outra cousa. Produciuse un cambio orzamentario que multiplica por 10 as anteriores. Un punto de inflexión que dignifica o noso traballo, e nos permite manter a ilusión e o esforzo para acadar novas metas.
Por isto estamos hoxe aquí, perseguindo unha nova meta, e xa van 11, intervindo de xeito público e oficial, para dicir dende a humildade e con todo o respeto, que estamos cansos do agravio comparativo ao que se nos somete, unha e outra vez, dende esta institución.
Consideramos que non é admisible, que se propoña unha enmenda para terceiros nunha moción propia, interpretando o noso proxecto tentando trocealo por sectores, según os intereses dos demais eventos, ou simplemente valoralo baixo o criterio do ano electoral.
Esta postura, non debe malinterpretarse alimentando o histórico enfrontamento Esteiro-Muros, pois tan só pedimos independencia de proxectos e valoracións obxectivas por concorrencia competitiva.
Pola contra, se o noso traballo e as nosas iniciativas, derivan no beneficio das demais entidades, estaremos contentos, pois beneficiará ao conxunto do Concello de Muros, mais debemos deixar claro, que non pretendemos entrometernos no traballo dos demais, e que son vostedes os que que poñen os seus nomes enriba da mesa, por iniciativa propia.
Non é o noso traballo, nin a nosa responsabilidade, trazar a liña de colaboración do Concello de Muros coas demais entidades sen ánimo de lucro, mais entendemos, que si presentar enmendas para terceiros en iniciativas propias, vai ser a forma de traballar nos plenos, tentaremos na medida do posible, acadar a igualdade orzamentaria dos eventos e actividades celebradas en Esteiro coas demais.
Agora, tan só esperamos, que academos un resultado positivo real e efectivo neste pleno. Un acordo unánime que reflexe a fortaleza de Muros no colectivo, e a singularidade de Esteiro e as súas carrilanas.
Moitas grazas pola súa atención e a oportunidade de expresarnos libremente.
A.D.C. Esteirana de Carrilanas