Esteiro, Festa de Interese Turístico Nacional
18 de febreiro de 2021. Obxetivo logrado. Sí, o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro xa conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional. Un recoñecemento que pon en valor a orixinalidade da nosa festa e premia o traballo e esforzo colectivo de todos: asociación, patrocinadores e administracións, pero, sobre todo, o de ducias de voluntarios que, cada terceira fin de semana de xullo, vólcase coa baixada.
O camiño non foi nin fácil nin curto, pero dende logo mereceu a pena. Hoxe, sabemos que todo este esforzo ten recompensa. Paso a paso imos alcadando metas grazas a colaboración de todos. Desde aquela primeira edición do verán de 1988 ata hoxe cambiaron moitas cousas. O que non cambia son as ganas, ilusión e o compromiso co que todo o equipo traballa para que cada ano a baixada das carrilanas de Esteiro medre un pouco máis. No ano 2000 a Xunta recoñeceu as nosas carrilanas como Festa de Interese Turístico Galego, agora é o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo quen nos concede un novo distintivo.
E agora qué? Seguimos a rodar?