Como en cada edición, unha das prioridades da organización e garantír a seguridade dos pilotos durante o transcurso da proba. Para que esta discurra con total normalidade, a organización traballa durante meses estudando e incorporando as medidas de seguridade máis axeitadas que permitan minimizar os danos no caso de que o piloto teña algún tipo de percance durante o transcurso da proba.
Nas últimas edicións a organización incorporou ao programa de medidas pasivas de protección 400 metros de barreiras New Jersey, así como tamén se dotou de proteccións adiccionais na “curva de Penoucos” co fin de evitar as saídas de pista. Seguen a conservarse as tradicionais balas de palla ou tamén chamadas alpacas, xa que durante moitas edicións demostraron a súa eficacia.
Para esta edición do 2019, seguiremos facendo un esforzo especial en seguir traballando no tocante a seguridade da proba. Somos coñecedores dos riscos que existen , polo que traballamos para poder minimizar ou eliminalos se é posible.
A día de hoxe, o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro conta cun dispositivo de seguridade tan só a altura dos grandes eventos.
Estas son as medidas adoitadas na pasada edición:
- 2 UVI móvil medicalizadas
- 20 Emisoras de radio que cubren o circuito
- 400 Metros de barreiras tipo New Jersey
- Máis de 1.000 alpacas
- Sinais visuais para os pilotos
- Máis de 50 voluntarios ao longo do percorrido
- Coche de seguridade
- 300 Metros de barreiras antivuelco
- Balizado de seguridade para o público
Seguiremos esforzándonos para adoitar as medidas correctoras máis axeitadas en todo momento, así como tamén investindo en mellorar as existentes.
O noso obxetivo é, que tanto público como pilotos non sufran ningún dano durante a proba, e segiremos traballando sempre nesta liña para garantir a seguridade do evento en todo momento.